Carta a Cone

Cara ao Confín ©Galmier Zemog Ortegal, 2018

Cone: Alégrome de ler o que escribes, tanto que, hoxe quero facérllelo chegar a —”Esas pocas amistades”— moitas delas falantes en castelán, euscaldún, catalá, tamén portugués… así a todo, respectuosas co idioma galego.


É moi fermoso, Cone, o que me fixeches chegar o mércores, 5 de abril…(dices de estilo Cavafis), citas á deusa Io á que Zeus converteu en vaca pra evitar os celos da súa dona Hera… ao me somerxer nesas tuas verbas entendo, trabucado ou non, a aventura dun pobo que migrou forzado pola invasión da sua terra, e que na viaxe, froito das mesturas, xurdiron os fillos de Mil, o irlandés neto de Breogán. Acó, atoparon no “Confín da Terra” na nosa Galiza, sua nai Kallaikoi, deixándonos, pode que, súa linaxe.


Miñas disculpas, apreciado Cone, polo meu atravemento ao interpretar tua metáfora, neste emocionante poema que deseguido translitero e mostro en aberto a mellor xuízo de quenes lean ou escoiten. Unha aperta  Galmier Zemog


Velaí o poema de Cone:


Expulsada da Hélade

aguilloada por un tabán

como unha vaca

Io, preñada

deu cos prados Cantábricos

sementando as costas

de divinas vacadas

ata que no mar océano

con toda a súa prole

perseguida ata o confín da terra

na outra Alexandría 

e ante o lume purificador dos espellos

xurou non dar os fillos

nin a Hera nin a Xuno

e do seu coiro fixo nave

cara á terra prometida.


Na travesía forxáronse

os fillos dos fillos

ata que os de nome Mil

asentaron na verde Erín.


A súa tribo prosperou 

máis no solpor 

os rubios fillos de Mil

ven o lume dos espellos

e remoen...

                  Alexandría...

                                     Nai...

                                             Kallaikoi…


(Tamén en Podcast)

©Galmier Zemog Vigo, 2023


Toutón