Soñador escultura de *G-Z.
Neste Maio dos meus encontros con xente guapa… preto e lonxe, á miña beira ou á través da Rede. Ao contactar, sentímonos na sazón da primavera, ao través dos nosos ollos, espellos dos que emerxen francas as memorias, apoupamos a falsidade deste endiañado mundo, agora todo el contra o pobo gazatí… si, todo el pasivo. O son e as imaxes conforman poesía, érguense as cores, a música aloumiña… soño, proxéctome cheo de amor a un tempo no que sempre era inverno, percibo a inquedanza daquel condanado poeta, que dixo ser o probe do pobo galego… non era probe, non o é. ©Galmier Zemog *(G.Z.)
Bicos de música